HAZTE SOCIO

POR SOLO 10 EUROS

 

O Clube de rugby Fendetestas quere pedir disculpas ós afeccionados e amigos que acudiron participar dunha festa do rugby e do deporte nunha xornada na que disputamos as semifinais da liga diante do Zalaeta de A Coruña.

Nun partido tenso, con dous equipos que se xogaban moito, os cauces deportivos nos que se desenvolvía víronse trastocados por unha decisión inxustificada de suspensión do encontro polas protestas dun xogador.

Lamentamos profundamente que se privase ós xogadores de ámbolos dous equipos de siputar un partido para o que se prepararan e no que se gañaran a presenza, e á afección que en masa acudíu dos dous clubes, cun comportamento exquisito.

É inconcebible que se tome unha decisión tan drástica sen que concurran os motivos para elo, e cos dous equipos querendo xogar os 18 minutos que restaban, e sen o menor reproche dende as gradas.

No imos permitir que ninguén poña en dúbida o comportamento deportivo deste Clube e da súa afección asi como da desprazada dende A Coruña, porque un árbitro non fose quen de xestionar unha situación para a que se supón preparado e para a que atopou toda a colaboura dende a organización.

Quédanos só felicitar ó Zalaeta pola súa victoria, que lamentamos non puidesen certificar como merecían, e lamentar que non se nos permitise perder dignamente, pelexando a ata o último minuto porque así non fose.
Clima As Pontes de García Rodríguez

Descargar reglamento 2013

Pincha aquí

 

 

Pagina oficial Club Rugby Fendetestas As Pontes